Legido, L.A.R.

É músico, investigador sonoro e profesor de batería, expresión rítmica e improvisación na Estudio Escola de Música de Santiago de Compostela. Fórmase no CEDI (Centro de Encontro para o Desenvolvemento da Improvisación, en Madrid) canalizándose no que será o seu principal foco de actuación e investigación: a improvisación.

Traballa con escultores, pintores, videoartistas, performers, etc.

Toca en bandas como S.E.M. Big Band, Maruxa e Trío, Terela Gradín Quartet, Fat, KLK, Marcos Teira Cuarteto, Marful, Pin.Cirera.Legido.Martínez etc.

É membro fundador de Parto, grupo de improvisación libre co que mantén varias frontes abertas: Huevopicoaraña (obra de percusión e voz para dúas baterías) e Trancefusión (manipulación do aquófono, sistema inductor de pingas que á súa vez activan sons).

Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Pode utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>