Estudos de Música no conservatorio de Vigo, de Psicoloxía na Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación de Santiago de Compostela. Realiza estudos de formación en diferentes ámbitos da Psicoloxía como: Master en Psicoloxía Xurídica, estudos de postgrao en Psicoterapia e cursos de doctorado na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela.
Tamén realiza investigacións no ámbito das drogodependencias. En relación con estas investigacións publica traballos en revistas especializadas. Actualmente realiza un traballo de investigación no ámbito da Psicoloxía Social aplicado á educación na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela e traballa como profesora de Música nun centro de Educación Secundaria.








