Considerado por publicacións especializadas como un dos músicos máis brillantes das novas xeracions cubanas, Vargas (graduado como pianista-concertista pola Universidad de La Habana, ISA) foi alumno de Ulises Hernández ou Harold Gramatges e compartíu escenarios con Chucho Valdés, Steve Turre ou os míticos Irakere.
Ten realizado xa concertos por todo o mundo, de Brasil a Noruega. Entre os seus traballos destacan “Trapiche” (2008), “Venir al Mundo” (2009) ou “Oceanía” (2010). A súa concepcíón da música ten catro pilares fundamentais: a música contemporánea, o jazz, a improvisación libre e unha radical releitura do folclore (non só cubano). A esto únese unha intensa reflexión sobre a tímbrica e a naturaleza do son, o que fai do seu traballo -pianístico e compositivo- un espazo de riqueza e risco constantes.
É profesor de Harmonía e piano popular na Universidade de La Habana.








