Avisos para a fin de semana do 24 e 25

Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn
Publicado o Novas | Deixar un comentario

IGNACIO CASTRO «¿Cal é a letra do son?»

Segue a ler

Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn
Publicado o Conferencias | Etiquetado , | 1 comentario

Concerto de Abe Rábade

Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn
Publicado o Concertos, Novas | Etiquetado | Deixar un comentario

Terceira fin de semana dos III Encontros de Filosofía na Costa da Morte

Na terceira fin de semana dos III Encontros de Filosofía na Costa da Morte, a organización quere aproveitar o potencial divulgativo e didáctico da programación e abrilo a todo aquel que sinta a música como algo cercano e importante, sen necesidade de que estea inscrito no curso, xa que consideran que é unha mágoa desperdiciar esta ocasión.

O venres, ás 18,00 h., haberá no Salón de Actos do concello de Cee unha táboa redonda dirixida polo antropólogo Marcos Lorenzo, onde músicos e filósofos que participan nos Encontros, dialogarán en torno á cuestión do poder formativo e universalizador da música.

Entre eles atoparase Abe Rábade, rexoñecido pianista e compositor galego que dará unha Charla concerto no mesmo lugar ás 19,30 horas.

O sábado continuarán as sesións de «portas abertas», e serán os músicos do TAC (Taller Atlántico Contemporáneo) quenes, ó longo do día, farán diversas intervencións coa intención de achegar a música clásica contemporánea ao gran público. O Tac está realizando un valiosísimo traballo neste sentido na Cidade da Cultura de Galicia.

Joaquín Riera (Enxeñeiro de Son) e Anxo Rabuñal (editor), tamén farán as súas aportacións ao público tratando cuestións de eletroacústica, música e debuxo.

Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn
Publicado o Novas | Deixar un comentario

Avisos para a fin de semana do 9 e 10

Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn
Publicado o Novas | Etiquetado , | Deixar un comentario

Concerto inaugural da ROFCOM

Segue a ler

Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn
Publicado o Concertos, ROFCOM | Etiquetado | Deixar un comentario

Segunda fin de semana dos III Encontros de Filosofía na Costa da Morte

Venres 9

FRANCISCO FACAL, musicoterapeuta e psicólogo realizará un Obradoiro, no que os asistentes ao curso traballarán a música e a interpretación como acto terapéutico, empregando instrumentos diversos.

IGNACIO CASTRO, recoñecido filósofo e crítico de arte exporá a súa conferencia “Cal é a letra do son?”, intervención na que se reflexionará sobre o sentido sonoro do mundo antes de terse convertido en signo, en nome, en linguaxe.

DANIEL ARIAS (Scream), reputado DJ, que extrae o seu nome en referencia á banda escocesa de Bobby Gillespie, Primal Scream. Empezou a pinchar fai doce anos, ó principio, en bares  de Madrid e arredores, sobre todo en Malasaña: La Vía Láctea, Garage Sónico, Tupper Ware, Supergen…

Dese traballo periodístico musical na web xorde o que hoxe é unha das principais promotoras da capital: Intromúsica. Ó final dese periodo ten lugar o acceso a locais máis grandes cos que medrou o movimento musical independiente en Madrid. Low, Astoria, Supersonic y al final, en el Elástico y Ocho y Medio, dende onde foi posible darse a coñecer e abrir as sesións a outras salas importantes fóra de Madrid: Fever (Bilbao), Razzmatazz (Barcelona), Stereo(Alicante), además del festivales como El Fib y el Summercase.

Actualmente adícase ó seu propio proxecto, La Caja del Diablo,  dende o que trata de proxectar unha conexión máis profunda entre todos os elementos creativos, moi influenciados por unha maneira de entender a relación entre arte, relixión, ciencia e filosofía, coa música como eixo central.

Segue a ler

Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn
Publicado o Novas | Deixar un comentario

Presentación

YouTube Preview Image
Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn
Publicado o Novas | Etiquetado , | 1 comentario

A pregunta pola música ou como pensar a voces

Partamos de aquí: expoñerse a ese fenómeno sen analoxía chamado ´música´. Afrontar a tarefa de pensar a súa soberanía. Tamén os lugares aos que tal poder nos traslada. As ocasións cara as que a música nos perde. Pensar as marxes entre as que a música dispón o frondoso territorio da súa xurisdicción: o silencio e o ruido, a memoria e o esquecemento, a cura e a perdición,o Tempo -os tempos- e o espazo, o azar e a orde, o anxélico e o bestial… A ciencia e a poesia.

¿Que podemos dicirnos nese entre, que nos ten que dicir tal rareza ou miragre? E a propósito da cura e da orde e as súas sombras, ¿é posible atopar a ética nun medio que conta entre as súas maiores e mais inquedantes virtudes coa de expresar mais non significar? Partamos dunha contradicción: falar do que non se pode falar. A pregunta pola música e, por tanto, a súa profanación han de asumir que o seu é un transitar polo non-saber, pola supresión do coñecemento e da eficacia confiados nalgún tipo de fin positivo e tematizable.

Neste encontro arredor dun discurso que “nunca di demasiado” consideramos que filósofos e músicos deben ir xuntos á escola. Tamén os nonfilósofos e os non-músicos: porque todos temos unha relación con iso chamado música. Topamos a imposibilidade de nomeala máis alá. Precisamente por iso, porque a música non é unha cuestión intelectual senón máis ben unha máquina creadora de universos -como calquera de nós- pensamos que o carácter aporético da nosa tarefa pode servir de invitación a calquera.

Tamén, na nosa tenue consciencia dese non saber, adiviñamos que quizá non convén esperar demasiado e que tras este encontro entre os humanos e a música a cuestión fique como estaba. Pero nunca se sabe. Se cadra, mentres esta máquina extraña e familiar a un tempo se resista a encarnarse en personaxe do teatro filosófico, debamos nós, ao aveso, tentar facer de novo do pensamento música.

Pablo Seoane e Javier Turnes
Co-directores

Compartir:
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • LinkedIn
Publicado o Portafolio | Deixar un comentario